El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Boiro acolle un novo festival de Bandas o sábado

ECG   | 11.07.2018 
A- A+

O vindeiro sábado 14 de Xullo terá lugar na praza do Centro Social, o XIII Festival de Bandas Concello de Boiro. Nesta ocasión serán dúas as participantes, a Banda de música Isabel II de Touro e a anfitrioa, a banda municipal de música de Boiro. O festival comezará ás 20.15 horas coa entrada das bandas participantes, para logo comezar o concerto ás 20.30 horas.