El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Campaña contra a velutina e xuntanza veciñal para repartir trampas e atraíntes

Protección Civil de Noia retirou no 2018 150 niños secundarios e outros 100 primarios

E. P.   | 01.03.2019 
A- A+

O Concello de Noia vai poñer en marcha unha nova campaña para loitar contra a avespa velutina, polo que ven de convocar unha reunión aberta á veciñanza para o venres 15 de marzo, ás 20.30 horas, no salón de plenos municipal.

"Un encontro no que informaremos sobre como loitar contra esta especie invasora e repartiremos novas trampas e atraíntes para as preto de 250 que entregamos o ano pasado", explicou Ángela Neri Arufe, concelleira de Protección Civil.

Esta avespa causa importantes prexuízos económicos nos sectores apícola e frutícola "polo que a colaboración é fundamental para poder facerlle fronte", apuntou.

Eduardo Moledo, xefe do servizo noiés, puntualizou que "durante o 2018 eliminamos máis de 150 niños secundarios e outros 100 primarios. A esta cifra hai que engadir os 93 extraí dos polo GES de Brión".