El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Autora do libro, edil de Cultura en Teo e profesora de Lingua Galega na USC

Carme Hermida Guliás: “Marisa Mirás foi unha figura clave no mundo asociativo de Calo”

Carme Hermida ante a portada do libro sobre Marisa Mirás Gómez - FOTO: ecg
Carme Hermida ante a portada do libro sobre Marisa Mirás Gómez - FOTO: ecg

CRISTINA BOTRÁN. TEO  | 15.05.2013 
A- A+

Cando están a piques de cumprirse dous anos do falecemento de Marisa Mirás, fundadora da Asociación A Oliveira de Teo e potenciadora, sobre todo, da Sección Cultural da Asociación Recreativa de Calo, sairá a luz o domingo un libro sobre a súa figura. Marisa Mirás Gómez ou a importancia de ser de Calo, de Carme Hermida, concelleira de Cultura de Teo, profesora de Lingua Galega na USC e sobre todo amiga da falecida. É un preludio do acto conmemorativo a figura desta muller "intelixente, forte, valente, xenerosa, comprometida, concienciada e solidaria", que se celebrará en xuño.

¿Como xorde a idea do libro?

 

Xorde pola conxugación de dous factores. Un, a relación persoal con Marisa, coa que establecín unha conexión moi forte e un entendemento claro, e despois o traballo social e asociativo que ela fixo sobre todo na súa parroquia, Calo, no conxunto do concello de Teo e en ámbitos más amplos. A min parecíame que ese traballo era digno de ser posto por escrito. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt