El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A POBRA

Catro agrupacións actuarán en maio no festival Caramiñas

REDACCIÓN  | 25.04.2019 
A- A+

O Teatro Elma de A Pobra acollerá o vindeiro domingo día cinco a partir das 19.30 horas o festival da escola de baile e pandeireta Caramiñas, organizado pola Asociación de Amas de Casa. Actuarán os grupos ribeirenses Tahúme de Olveira e Gandaina de Palmeira; o boirense Pedra da Aroña, de Escarabote; e o pobrense Caramiñas. A entrada será gratuíta.