El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Cee, Corcubión e Fisterra poñen en marcha a Mesa contra a Violencia

J. L.   | 15.01.2020 
A- A+

COSTA DA MORTE A casa da cultura ceense acolle hoxe, ás 10.00 horas, a constitución da Mesa Local de Coordinación Institucional contra a Violencia de Xénero, da que formarán parte os concellos de Cee, Corcubión e Fisterra, representantes do Goberno, Garda Civil, Policía Local, do xulgado, o hospital e centros educativos.