Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Certame coas patronais de Ames polo comercio local

    A MAÍA O Concello de Ames e mailas asociacións de comerciantes e empresarios do municipio están inmersos na campaña Ilumina o teu sorriso, a través da cal se pretende promocionar o comercio local. Deste xeito, ponse en marcha un concurso de fotografía no que haberá que facer catro fotos en diferentes lugares de Bertamiráns e do Milladoiro. Entre os participantes sortearase un teléfono móbil de última xeración. Para concorrer haberá que facerlle unha foto á árbore de Nadal da praza do Concello; outra ao motivo luminoso co número 2020 da praza da Maía; ás pérgolas iluminadas da praza Manuel Murguía e á bola xigante que está situada na praza da Madalena do Milladoiro, e logo envialas a través de email (amesnarua@gmail.com) ata o vindeiro 7 de xaneiro.

    20 dic 2019 / 22:17
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito