El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Chegan ao Pino máis de 2.000 quilos de comida

A.P.   | 26.03.2020 
A- A+

O Concello do Pino vén de comezar o reparto de máis de 2.000 quilos de alimentos non perecedoiros entre as familias con menos recursos do municipio. Os produtos foron facilitados polo Banco de Alimentos Rías Altas da Coruña, e a eles hai que engadir os que a veciñanza doou durante o Nadal Benéfico. O goberno local garante que "toda a veciñanza que o precise recibirá alimentos" e amosa a súa disposición a destinar fondos propios para mercalos, "sempre que o departamento de Servizos Sociais así o recomende despois de analizar a situación de cada solicitante". Estase achegando comida non perecedoira a preto dun cento de familias. Piden que se chame ao número de teléfono 981 511 002 para solicitar as mencionadas axudas.