El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

CLUN entregou os galardóns do certame das Letras Galegas

Premiou seis microrrelatos //Ao acto asistiron, entre outros, Víctor Freixanes y Valentín García

Autoridades e directivos cos premiados no concurso de microrrelatos - FOTO: CLUN
Autoridades e directivos cos premiados no concurso de microrrelatos - FOTO: CLUN

MARÍA RENDUELES. AMES   | 13.07.2018 
A- A+

Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN) fixo onte entrega dos galardóns aos gañadores do seu xa tradicional certame literario, que se celebra cada ano con motivo do Día das Letras Galegas. No acto participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes; o vicepresidente da cooperativa e o director da división Láctea respectivamente, José Montes e Pablo Gómez, e a presidenta do xurado, a escritora Rosalía Morlán.

Os galardoados desta edición de 2018 foron Arcadio Mallo, Tania Vidal e Susana Villamor, na categoría de adultos; e Lorena Fernández, Ariana Núñez e Nerea Costa, na de xuvenil. Todas elas son composicións literarias breves, de ata 500 caracteres, que comezan pola frase da obra A festa no faiado "Subiu ata o faiado da casa e alí..." como xeito de homenaxe á autora Ana María Victoria Moreno á que este ano se lle dedicou o 17 de maio.

O certame, cada ano máis consolidado, forma parte da tradicional campaña promocional de CLUN con motivo da festividade das Letras Galegas. Este ano incluíu a campaña de animación á lectura Practica a LEITura, que permitiu optar a un dos 150 carteis vintage que sorteu a cooperativa; e a colaboración na Carreira do Camiño das Letras e nos premios do Concurso-Exposición Letras Galegas 2018 convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt