El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Comercios noieses poderán pedir material para tinguir de negro os seus escaparates

S. S.   | 09.11.2019 
A- A+

NOIA O Concello de Noia súmase por segundo ano consecutivo á campaña de denuncia e sensibilización social contra a violencia de xénero En negro contra as violencias, á que actualmente están adheridos 118 municipios de diferentes cores políticas, tres deputacións provincias e máis de 8.000 axentes colaboradores. A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Villar Ageitos, explica que "o obxectivo desta iniciativa é facer visible o rexeitamento da cidadanía ante calquera tipo de violencia contra as mulleres, polo que buscaremos a implicación do tecido asociativo, económico, cultural, deportivo e social para dar unha resposta colectiva ante as violencias". A administración local busca tinguir de negro todo o municipio do 18 ao 25 de novembro a través dos escaparates dos comercios, dos manequíns, da roupa de traballo... En caso de que a persoa ou establecemento que queira participar na iniciativa non dispoña do material preciso, só deberá dirixirse ao CIM noiés para solicitalo, chamando ó número de teléfono 981 828 011 ou enviando un email a cim.noia@hotmail.com. O prazo para facelo remata o vindeiro día 13.