El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Complementos de marcas de renome para as coleccións de moda da Mostra do Encaixe

Cote du Marais e La Boheme Rose colaboran nas coleccións de Erika Gómez e Claudina Mata

MANUEL LAVANDEIRA   | 16.04.2019 
A- A+

Moda e complementos van da man, e esa fusión poderá verse a partir de mañá na pasarela da XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas.

Nas coleccións das deseñadoras Erika Gómez e Claudina Mata estarán moi presentes os tocados. A coruñesa Victoria Lagoa fundou hai catro anos La Boheme Rose, unha marca con identidade propia. Un dos elementos clave do seu traballo son as diademas con plumas, inspiradas no mundo do ballet. A súa máxima é facer coleccións para o día máis importante na vida dunha muller. Acudirá por segunda vez á vila camariñana, despois de participar fai dous anos nun desfile de Noveis Deseñadores. Asegura que lle encanta o mundo do encaixe e considera que o de Camariñas "es el mejor del mundo".

A deseñadora colaborará con Claudina Mata, á que coñeceu por redes sociais. "Es todo un lujo colaborar con ella, porque su estilo es romántico y nos sentimos identificadas al cien por cien. Con un diseño clásico pero atemporal", asegura.

En su regreso a la capital del Vilán espera llenarse de "tendencias de novia con el mejor encaje, nutrirme de piezas únicas y disfrutar como hace dos años".

Outra das colaboracións destacadas é a de Cote du Murais, de Silvia García. A creadora decidiu lanzarse ao mundo do calzado infantil. A súa intención é ofrecer un produto artesanal e handmade na Comunidade Valenciana, apoiando así o desenvolvemento local. Colaborará con Erika Gómez, de Twin & Chic, unha das firmas para os máis pequenos que participarán na feira encaixeira. Espera empaparse "al máximo de esta experiencia, disfrutar y aprender un montón del mundo del encaje, que desde siempre me ha fascinado", afirma.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...