El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Contos, música e mostras na honra de Antón Fraguas

Boqueixón entrega os premios do Certame Neira Vilas e abre mostras // Concerto Fiestra dos Soños hoxe en Melide // O Paroleiro chega a Touro // Macrofesta con seiscentos alumnos en Brión // Xeografía no colexio de Bembibre

FOTO: ECG
FOTO: ECG

REDACCIÓN  | 15.05.2019 
A- A+

As Letras Galegas 2019 homenaxearán o vindeiro venres, 17 de maio, a Antonio Fraguas na meirande parte dos concellos de Área con exposicións, actividades de todo tipo, contos e música na lingua de Rosalía.

Este é o caso de Val do Dubra, onde o concello organizaba onte no auditorio de Bembire, no marco do Valetras, un contacontos con O Paroleiro e os seus Contos de Pablísimo (que hoxe chegan á casa da cultura de Touro ás 18.30 horas), e hoxe haberá concerto de fin de curso da escola de música ás 20.00 hroas no auditorio. No CPI desa localidade foron os alumnos de 1º da ESO quenes realizaron a actividade Val do Dubra, centro do Mundo dentro da materia de Xeografía e Historia. Elaboraron un poste de sinais coas distancias a distintos lugares, e localizaron xeograficamente o centro e o concello, máis os seus meridiano e paralelo, que marcaron no chan do centro. Tamén elaboraron unha mostra, montaxe audiovisual e un libro dixital dos lugares do mundo por onde cruzan, escolléndose uns 40 na mesma latitude e lonxitude.

En Ordes, e ademais dun concilia o día 20 (anotacións ata mañá), ofrecen na biblioteca a mostra Antón Fraguas Fraguas a partir de mañá, acollendo a alameda ese día (18.00 horas) a representación de Os Outros Garabatos As pequenas Historias, que inclúen Raposadas con Antonio. Brión xa empezou hai días as súas actividades, que hoxe inclúen Festa das Letras na carballeira ás 11.00 horas para 600 escolares con música, baile e canto, actuado Zé Orquestra Pantasma. Ó día seguinte entregarase no mesmo marco, a mediodía, o premio de teatro Laudamuco, mentras que na efeméride haberá patinaxe.

Os actos abertos ás familias e veciñanza da Baña chegan hoxe ao centro social ás 17.00 horas para recuperar e recoller cantigas da zona e manter a tradición. antes desenvolveranse actividades do alumnado. En Negreira entregan hoxe (auditorio, 20.00 horas) os premios de contos e pintura infantil. Xa en Boqueixón, desenvolve unha programación especial que incluye dúas mostras, a entrega de premios do Certame Xosé Neira Vilas e propostas que mesturan cultura e deporte. Mañá xoves 16 de maio ás 12.00 horas celebrarase no auditorio do CPIP Antonio Orza Couto a entrega dos premios e con citas deportivas o venres.

O Concello de Melide abre hoxe o seu programa co concerto Fiestra dos soños a cargo do grupo musical Os Trotaventos. É as 10.30 hora na casa da cultuta e esta dirixido ao alumnado de infantil e de primeiro e segundo de Primaria. Mañá á mesma hora na casa da cultura, e dirixido ao alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, haberá un concerto didáctico con instrumentos do mundo da percusión, elementos de nova creación, comicidade e xogo co efecto sorpresa serán a base deste espectáculo de Odaiko. Ademáis, hai duas exposicións: Antonio Fraguas 1905-1999 (baixos da casa do concello do 16 ao 31 de maio) e outra na casa da cultura, do 18 ao 25 de maio, que chámase Territorio Acoutado. Suliñar o uso de cartelería divulgativa en instalacións de Silleda.