El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Convenio Vives Emprende para os parados amesáns

M.M.   | 20.02.2019 
A- A+

AMES O alcalde de Ames e a xestora de programas de Inclusión Sociolaboral en Galicia e Asturias renovaron onte o convenio subscrito en 2017 entre o Concello e a organización Acción contra a Fame para o programa Vives Emprende, que asesora, forma e facilita o acceso a financiamento a persoas desempregadas ou con traballo precario que desexen emprender, especialmente mulleres. Durante o ano 2018, setenta usuarios recibiron o apoio desta iniciativa, das cales 42 foron veciñas e veciños do municipio. Os interesados en sumarse deben contactar co departamento de Promoción Económica, a través de email (promocioneconomica@concellodeames.gal ou ivillar@accioncontraelhambre.org) ou chamando ó número de teléfono 689 869 465.