El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Convocado o Reimóndez Portela de xornalismo

MARÍA RENDUELES A ESTRADA  | 12.06.2019 
A- A+

A Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada vén de publicar as bases da XXIV edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela. Ó acto asistiron os membros integrantes do comité de seguimento, Juan Andrés Fernández Castro e José Manuel Bouzas Blanco.

As bases mantéñense inalterables e o galardón outorgarase ao mellor traballo ou serie de traballos (ata un máximo de 5) publicados en lingua galega, en calquera medio de comunicación. A dotación económica será de 1.000 euros. O prazo de recepción rematará o día seis de setembro, aínda que deberán estar publicados antes do vindeiro trinta de agosto.

Os autores ou os lectores poderán enviar un exemplar dos artigos nos que conste a data de publicación, o autor e o medio no que apareceu.