El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Coristanco deseña un plan para activar aos nenos na cuarentena

Propónlles, a través da web municipal, unha misión con rutinas de exercicio e actividades

Cartel promocional da  campaña Misión: quedar na casa, de Coristanco - FOTO: C. Coristanco
Cartel promocional da campaña Misión: quedar na casa, de Coristanco - FOTO: C. Coristanco

JOSÉ M. RAMOS  | 20.03.2020 
A- A+

O departamento de Cultura do Concello de Coristanco, co afán de manter a ilusión dos máis pequenos que estes días están confinados, decidiu encargalles unha pequena misión que inclúe rutinas de exercicio e actividades de entretemento.

Mónica e Carmela convidan a "todos os nenos do mundo" a sumarse á Misión: quedar na casa a través da web municipal (https://www.coristanco.gal/wp-content/uploads/2020/03/Todo-sair%C3%A1-ben-Concello-de-Coristanco.pdf). Quenes desexen colaborar para que "este arrefriado raro non teña con que xogar e marche" propoñen ler contos, debuxar, aprender palabras, descubrir cancións, viaxar pola rede, axudar nas tarefas do fogar, descubrir fotos antigas e falar con amigos por teléfono, videochamada ou Whatsapp. Tamén os convidan a facer exercicio físico: saltando, facendo a bicicleta e movendo "un pouco o cuíño". Con todo iso esperan insuflar ánimo ás familias coa confianza de que "todo vai saír ben!".