El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Curso sobre prevención da vespa velutina na Laracha

M. R. L.   | 22.05.2019 
A- A+

A casa da cultura larachesa acollerá o luns, día 27, unha acción formativa sobre prevención e control da vespa velutina dirixida ás agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Ames, Arteixo, Carral, Culleredo, Dumbría, A Laracha, Negreira, Vilasantar e Zas.

A iniciativa foi impulsada pola Xunta a través da Academia Galega de Seguridade Pública e coa colaboración do Concello larachés. Será unha xornada de oito horas formativas con contidos teóricos e prácticos. As vinte prazas ofertadas pola organización xa están cubertas.