El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Denuncian o estado de conservación e o paso de transportes pesados por Ponte Nafonso

En xuño do 2017 o BNG noiés levou ante o pleno municipal as peticións da veciñanza do lugar

E. POUSO   | 02.03.2019 
A- A+

Noia. O BNG demandou no 2017 a Consellería de Infraestruturas, titular da estrada AC-196 ao seu paso por Ponte Nafonso, a cal une os Concellos de Noia e Outes, que adoptase as medidas necesarias para a redución do tráfico e da velocidade na citada vía. A pesar do tempo trascorrido, denuncian, non se fixo nada.

A formación nacionalista levou ante o pleno, naquel mismo ano, a denuncia transmitida pola veciñanza do lugar, relativa ao tránsito de vehículos e mais concretamente sobre a circulación de camións que atravesan as marxes do río Tambre utilizando a citada pasarela.

Na moción en cuestión expoñían que a construcción "está incluída no Catálogo da Dirección Xeral de Patrimonio contando co máximo grao de protección posible, é dicir, o integral (nivel 1). Partindo desta consideración razoábase sobre a necesidade de tomar determinacións que mitigasen o tránsito de vehículos por riba da ponte, en aras á seguridade dos peóns que sobre ela camiñan. E, sobre todo, no relativo á preservación e conservación de tan importante ben patrimonial", explicaron desde o partido. Por último, na proposición, tamén facían referencia expresa "á prohibición ao paso de trasportes pesados exceptuando as liñas de viaxeiros por estrada".

Esta semana membros do Bloque de Noia desprazáronse ata Ponte Nafonso para comprobar de primeira man que camións con grandes cargas seguen viaxando por este vial, así como o deterioro visible das varandas. "Como pudemos ver, nada se fixo ao respecto" aseguraron.