El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Deputación promete encher de cultura a Casa dos Capeláns de Padrón

González Formoso visitou onte o inmoble e ofreceu contido paraa sala de exposicións

13.07.2018 
A- A+

Padrón. A sala de exposicións da renovada Casa dos Capeláns de Padrón contará coa axuda de Deputación da Coruña para encherse de contido cultural. Así llo facía saber onte o presidente da Deputación Valentín González Formoso ao rexedor de Padrón, Antonio Fernández Angueira, durante unha visita que fixo as distintas dependencias do edificio.

González Formoso gabou o resultado final das obras, "que permiten ao pobo de Padrón recuperar un inmoble que forma parte da súa historia e que queda perfectamente integrado nun coxunto patrimonial singular" que configura xunto coa antiga colexiata de Iria Flavia, declarada como BIC, e a Casa dos Coengos, sede da Fundación Camilo José Cela. Ofreceu asimesmo a súa colaboración para dotar de contidos a sala de exposicións.

Así, as mostras itinerantes dos premios culturais da Deputación ou os diferentes ciclos de conferencias e actividades que programa a institución nos municipios da provincia poderían recalar a partir do vindeiro ano na Casa dos Capeláns.

Formoso aproveitou a súa visita para reunirse co alcalde e abordar os investimentos programados pola institución provincial no municipio. Explicou que a Deputación da Coruña, a través do Plan Único ten aprobados actualmente investimentos por importe de preto de 1,3 millóns de euros para mellorar as infraestruturas e servizos públicos de Padrón.