El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

LALÍN

Destacan o labor de Aedeza e o impulso ao emprendedor

Foto de familia do conselleiro Román Rodríguez, os premiados e os directivos da patronal do Deza tras a entrega das distincións - FOTO: Wecom
Foto de familia do conselleiro Román Rodríguez, os premiados e os directivos da patronal do Deza tras a entrega das distincións - FOTO: Wecom

ARCA   | 03.12.2019 
A- A+

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asistiron á V Xuntanza Empresarial da Asociación de Empresarios do Deza, Aedeza, onde se entregaron os galardóns ás iniciativas máis destacadas polo seu emprendemento, internacionalización ou traxectoria, entre outras distincións. Na súa intervención, Conde agradeceu a Aedeza o labor que vén realizando na comarca desde hai máis de 25 anos e que contribúe tanto ao impulso do emprendemento como ao desenvolvemento económico da zona. Ademais, ratificou o compromiso da Xunta cos empresarios e cos autónomos, que se materializa en iniciativas como as incluidas na Lei de Implantación Empresarial.