El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Dispositivo especial de tráfico co gallo do XXXV Rally de Noia

Comezarase a poñer en marcha o martes 2 de abril, se ben as maiores restricións terán lugar a partir do xoves 4 de abril

Imaxe do percorrido urbano do XXXV Rally de Noia - FOTO: Concello de Noia
Imaxe do percorrido urbano do XXXV Rally de Noia - FOTO: Concello de Noia

NOIA. N.C.  | 01.04.2019 
A- A+

Representantes do Concello de Noia, Policía Local e responsables da escudería Berberecho veñen de celebrar unha reunión para coordinar o dispositivo que se porán en marcha na vila co gallo da celebración do XXXV Rally de Noia. Un dispositivo que inclúe restricións no estacionamento e na circulación de vehículos e que se comezará a poñer en marcha o martes 2 de abril, se ben as maiores restricións terán lugar a partir do xoves 4 de abril.

A concelleira de Protección Civil, Ángela Neri, pide desculpas á veciñanza polas molestias propias deste evento e recomenda ás máis de 30.000 persoas que se achegarán esta fin de semana a Noia que “colaboren e fagan caso das recomendacións que lles fagan chegar membros de Protección Civil ou da organización do Rally para así poder desfrutar todos deste gran espectáculo deportivo”.

Dispositivo especial de tráfico

A Policía Local de Noia deu a coñecer o dispositivo especial que porá en marcha durante esta semana. O cambio máis inmediato é que dende as 22:00 horas de mañá martes e ata o remate da proba estará prohibido aparcar na explanada da rúa Poeta Avilés de Taramancos. Así mesmo, a partir das 16:00 horas do xoves 4 de abril estará prohibido o estacionamento de vehículos no Malecón de San Lázaro. Un malecón que permanecerá pechado ao tráfico durante o venres 5 de abril, coincidindo coas verificacións dos participantes.

Como en edicións anteriores, o venres 5 de abril, a partir das 14:00 horas, estará prohibido o estacionamento de vehículos na marxe dereita, segundo o sentido único de circulación, na rúa Pintor Xenaro Carrero (no tramo comprendido entre as rúas Pintor Francisco Creo e a rúa Francisco Romero Blanco). Tamén se prohibe aparcar na marxe dereita da rúa Francisco Romero Blanco, tomando o sentido de circulación o que vai dende dita rúa cara a rúa Carcasía; e prohíbese estacionar e circular no tramo da rúa Poeta Avilés de Taramancos que vai dende a intersección con Francisco Romero Blanco ata a intersección con Pintor Francisco Creo (agás acceso a garaxes e vehículos autorizados con distintivo pola organización do evento).

Tramo urbano

Durante a celebración do tramo urbano do rally, dende as 14:00 horas do venres 5 de abril estará prohibido estacionar en ambas marxes das rúas Poeta Avilés de Taramancos (dende a piscina ata o cruce coa rúa Pintor Francisco Creo) e no tramo entre a rúa Pintor Xernaro Carrero ata o cruce de Barro. Tamén estará prohibido aparcar nos tramos de rúa comprendidos entre Poeta Avilés de Taramancos e a Rúa Pintor Xenaro Carrero.

Finalmente, prohíbese o estacionamento e a circulación de vehículos nas rúas comprendidas no recorrido do tramo urbán do Rally: rúa Francisco Romero Blanco, Paseo Poeta Avilés de Taramancos, Estrada de Barro, Aldea de Abruñeiras e rúa Sebastián de O Campo.

Modificación da circulación

En canto ao tránsito de vehículos, prohíbese o acceso a rúa Paseo Avilés de Taramancos a partires das 14:00 horas do venres día 05 de abril (agás acceso a garaxes e vehículos autorizados con distintivo pola organización do evento). Así mesmo, habilitarase dobre circulación na rúa Pintor Xenaro Carrero durante a celebración do evento.

Finalmente, en LOUSAME pecharase ao tráfico a estrada entre Portobravo e Tállara, dende as 13:00 horas do venres 5 de abril ata as 22:00 horas do sábado 6 de abril, xa que aquí se instalará o parque de traballo ou asistencias do Rally.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...