El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

invitada especial

Doazóns de récord dende a Estrada

CIBRÁN CANEDO   | 22.08.2019 
A- A+

Mailing para superar as 1.206 do pasado ano. A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) promove, co Concello da Estrada, a campaña especial Verán 2019, iniciativa que presentaron a directora deste organismo, Marisa López, e o concelleiro estradense, Juan Constenla. ADOS salientou o carácter xeneroso desta veciñanza que, no 2018, realizou 1.206 doazóns de líquido vital, cifra que representa un índice de 58 por cada mil habitantes e ano. Esta cantidade supuxo situarse 19 puntos por riba da media galega e supera amplamente os índices mínimos recomendados pola Organización Mundial da Saúde. Agora vanse mandar 3.000 cartas aos domicilios da capital para que non decaiga, porque a unidade estará o luns e martes na Praza do Concello.

ecg
Marisa López
FOTO: ecg

SOLDOS MUNICIPAIS DE MEDO.Nun país, como Galicia, onde sacar mil euros netos ao mes é un miragre para a meirande parte dos mortais, resulta que chega unha pseudoelite, a dos políticos, que sen temblarlle o pulso ponse de nónima o que lles peta. E iso por non falar dos bipartitos e tripartitos, onde cobra ata o apuntador ou o edil máis inexperto. E, paradoxicamente, moitos deles recorren a argumentos como que a cantidade é similar a que gañaban no seu anterior choio... iso sí, ningún clarexa se no novo cargo executivo van traballar máis ou menos, ou se daquela tamén precisaban asesores. A que lles soa o caso, sexan da bisbarra de Área da que sexan?