El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

CARBALLO

Dúas caras novas nas candidaturas do BNG de Bergantiños

B. N. G.   | 15.03.2019 
A- A+

O BNG de Bergantiños presentou aos seus candidatos ás alcaldías dos concellos da comarca. Repiten Xoán Sande, na Laracha; Carlos Penedo, en Ponteceso; Xosé Manuel Pose, en Laxe e Evencio Ferrero, en Carballo. En Malpica, Daniel García Reigía toma o relevo do falecido Paco Souto, e en Coristanco José Antonio Andrade sustituirá a Laura Mariño. Está pendente o aspirante de Cabana.