El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Ecoloxistas instan á Fiscalía a actuar contra a reapertura da mina de Touro

Consideran que as probas presentadas deixan claros os danos ocasionados ó medio

Un momento da rolda de prensa en Santiago - FOTO: Adega
Un momento da rolda de prensa en Santiago - FOTO: Adega

ARCA   | 16.03.2019 
A- A+

Santiago. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa ( PDRA) instaron á Fiscalía de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a actuar para evitar a reapertura da mina de Touro.

En rolda de prensa delebrada onte, os ecoloxistas explicaron que coa entrega ao órgano xudicial da documentación que que acredita o prexuízo que a explotación está a causar en ríos, mananciais e augas subterráneas, dan un paso que pretenden que sexa definitivo "para pechar calquera posibilidade de que a mina volte a actividade.

Ambos colectivos están convencidos que as probas achegadas, entre elas o recoñecemento de Augas de Galicia sobre os datos analíticos que eviencia a conaminación nos ríos, "teñen a suficiente relevancia para sustanciar unha denuncia encamiñada a depurar responsabilidades derivadas dos danos ocasionados aos recursos naturais, ao medio ambiente e á saúde pública". Responsabilidades que os ecoloxistas estenden, tamén, aos xefes dos departamentos administrativos implicados neste caso pola presunta falta de control e omisión de sanción polas continuas verteduras