El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

ARZÚA

Efa Piñeiral gradúa novas auxiliares de enfermaría

Alumnas graduadas en Efa Piñeiral Arzúa xunto ao estomátologo José Luis Araújo, primeiro dereita; o presidente das Efas de Galicia, Gabriel Tirapu, segundo dereita, e César Ayude, presidente de Efa Piñeiral, 3º dereita.  Foto: E.P.  - FOTO: E.P.

A.P.   | 19.12.2017 
A- A+

O centro de formación profesional Efa Piñeiral de Arzúa vén de celebrar o acto de graduación das alumnas da promoción 2016/17 do ciclo de formación profesional Coidados Auxiliares de Enfermaría. No acto, a parte dos alumnos e familiares, estivo o presidente da asociación Efa Piñeiral, César Ayude, e o presidente das Efas galegas, Gabriel Tirapu. O padriño da graduación foi o médico estomatólogo José Luis Araújo, que destacou a alta consideración dos alumnos formados en Efa Piñeiral entre as empresas de saúde “non só polos coñecementos teórico-prácticos que posúen, senón tamén, e quizais máis importante, pola instrucción recibida en valores, en actitude e en vocación, aspectos tan ou máis valorados que os meramente curriculares”.