El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

convoca o Concello de Outes

Elisabet Ríos gaña o premio de poesía Francisco Añón de Outes

A escritora coruñesa recibiu onte o galardón polo seu poemario ‘Doe tanto a túa ausencia’ // O accésit foi concedido a Alejandro Sande por ‘Un milagre sen ril’

XURADO  Manuel García,  esquerda, Campos, Nieto, Regueira, Marica Campo e Mercedes Queixas.  - FOTO:  C.O.
XURADO Manuel García, esquerda, Campos, Nieto, Regueira, Marica Campo e Mercedes Queixas. - FOTO: C.O.

MANUEL GIL  | 18.05.2014 
A- A+

A coruñesa Elisabet Ríos Liste recibiu onte o premio de poesía Francisco Añón, que convoca o Concello de Outes, polo seu traballo titulado Doe tanto a túa ausencia. Este galardón, que chegou a súa décimo oitava edición, está dotado con mil euros e a publicación da obra. O accésit foi concedido ao poemario titulado Un milagre sen ril, de Alejandro Sande Corral, quen verá a súa obra publicada.

No xurado estiveron escritores como Marica Campo, Mercedes Queixas, Mario Regueira y Xabier Campos, que valoraron da obra gañadora "unha posta en escena dramática no que a voz poética, dalgunha maneira para afastarse do sentimento que a supera, acode ao recurso da dramatización para dalgún xeito obxetivar ese momento". Mentras que do accésit concedido destacou "a metaforización que fai o autor arredor da morte, da idea de supervivenca, de trascender".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt