El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Encargan mascarillas en Valga a unha das costureiras da vila

A modista fixo entrega da primeira remesa do material que vai distribuír o Concello

Imaxe dunha das mascarillas confeccionadas pola modista local.  - FOTO: C. Valga
Imaxe dunha das mascarillas confeccionadas pola modista local. - FOTO: C. Valga

S. ELVIRA   | 27.03.2020 
A- A+

O Concello de Valga encargou a semana pasada a unha modista local a confección de mascarillas de protección para facer fronte á crise sanitaria do coronavirus covid-19.

A decisión foi adoptada pola comisión de seguemento constituída no Concello trala declaración do estado de alarma, e que se reúne diariamente presidida polo alcalde, José María Bello Maneiro, e tendo tamén entre os seus membros aos concelleiros de Seguridade e Protección Civil e Sanidade e Benestar Social, ao responsable da Policía Local e da agrupación de Protección Civil, e o responsable do persoal laboral para temas de emerxencias, entre outros.

Esta comisión aprobou encargar a confección das mascarillas a unha modista valguesa, que na xornada de onte xa fixo entrega ao Concello da primeira remesa de material. A costureira continúa traballando para realizar máis mascarillas protectoras, que serán distribuídas polo departamento de Servizos Sociais.