El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Envellecemento activo con ioga e terapia cognitiva

J. M. RAMOS   | 11.01.2019 
A- A+

CORCUBIÓN A concellería de Servizos Sociais pon en marcha o Programa de Envellecemento Activo 2019, que inclúe sesións de ioga e terapia de estimulación cognitiva. As primeiras comezarán o 15 de xaneiro e as segundas o día 23. Están dirixidas a maiores de 55 anos residentes en Corcubión, e os interesados poden informarse e inscribirse na casa do concello.