El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Escolares do CEIP A Maía marcan as liñas das novas beirarrúas

O goberno prevé a súa ampliación dende o pavillón ata o IES //O custo é de 50.000 €

Os rapaces fixaron o límite das beirarrúas para comprobar in situ o espazo futuro. - FOTO: C.A
Os rapaces fixaron o límite das beirarrúas para comprobar in situ o espazo futuro. - FOTO: C.A

MAR TOLEDO AMES   | 22.06.2016 
A- A+

Un grupo de escolares de cuarto de Primaria do CEIP A Maía adicou parte da xornada de onte a deseñar no propio terreo unha liña simbólica na estrada AC-544 que representa a ampliación da beirarrúa prevista polo Concello. Esta actividade do programa Pés na rúa enmárcase dentro do Plan Proxecta, no que colabora o centro escolar, a Xunta, e o Concello. Os rapaces tamén elaboraron unha maqueta da zona escolar onde se aprecian as novas beirarrúas.

A actuación de ampliación da beirarrúa, que discorre dende o pavillón polideportivo de Bertamiráns ata o IES Plurilingüe de Ames, terá un custo de 50.000 euros, e será sufragada polo Concello. Ademais, lembraron o anuncio feito dende a Xunta de Galicia da previsión de mellorar o firme dun treito de 1.100 metros desta estrada que une Bertamiráns e Negreira.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt