El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

“Estamos satisfeitos do apoio recibido dende o Concello”

19.02.2017 
A- A+

I. Moncho Paz preside a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo. Logo de repasar a entrevista realizada polo rexedor José Dafonte a súa valoración xeral é positiva. De todos os xeitos, indica que “me da un pouco de mágoa que non sexa feita en galego”, e engade que “digo esto porque son membro dunha asociación na que traballamos pola recuperación da música e o baile tradicional galego, e teño un pouco de deformación profesional”, di.

2. En canto ao balance da xestión municipal, Moncho Paz especifica que fala como membro dunha asociación cultural, e “podo decir que estamos moi satisfeitos por todo o apoio recibido dende o Concello de Trazo”. Paz refírese con esta afirmación tanto “as axudas económicas como pola cesión de locais para realizar as actividades que organizamos”, sinala Moncho.

3. “Unha das cousas que si podo decir que considero moi positiva é a proximidade que teñen todos e todas as persoas que forman parte da Corporación municipal de Trazo”, considerando esto como un aspecto a ter en conta da xestión do goberno local. E engade o mozo que “sempre se pode falar con eles para calquera cousa que se precise”.

4. Como petición da Asociación Cultural dos Xeitosos de Trazo, Paz trasmite o desexo de todos os seus membros de contar cun local: “Se algo nos gustaría moito ós compañeiros da nosa asociación sería contar con un local propio para os ensaios, e o que xa sería un soño sería un auditorio ou salón de actos cun esceario grande no que poideramos amosar a todos os veciños o noso traballo”.