Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Estíbaliz Espinosa gaña o certame literario Modesto R. Figueiredo dotado con 1.000 €

    RIBEIRA A escritora Estíbaliz Espinosa (A Coruña, 1974) resultou a gañadora do certame galego de narracións breves Modesto Rodríguez Figueiredo na súa cuadraxésima quinta edición, polo seu texto titulado 23 xeitos de inventar unha constelación. Así se deu a coñecer onte nun acto celebrado no consistorio de Ribeira no que a autora recibiu de mans do alcalde, Manuel Ruiz, este galardón promovido pola Fundación Pedrón de Ouro e dotado con 1.000 €. Houbo ademais dous accésits (ambos de 400 €): un para Yolanda Ceide Calviño por Trinta minutos antes e outro para Virxilio Rodríguez Vázquez por A primeira vista. Espinosa incorpora así unha nova distinción ao seu currículo: en 1999 foi galardoada co Premio Esquío de Poesía por Pan; en 2001, co Premio Díaz Xácome de Novos Creadores por -orama e co Premio Espiral Maior por número e; e en 2017 co XV Premio de Poesía Afundación por As neuronas irmás. No acto participaron tamén o presidente de dita fundación, Xosé Ramón Fandiño; o escritor Antonio Piñeiro; a edil de Cultura, María Sampedro; e María Xosé Rodríguez Blanco en representación da familia Figueiredo.

    26 ene 2020 / 01:04
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito