El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Estudan o efecto do cambio climático nos berberechos

Alumnos do instituto noiés Virxe do Mar participan nunha experiencia piloto científico-escolar que vén de arrincar onte

Os alumnos do Virxe do Mar trasladáronse onte á praia de Testal para iniciar o estudo cos científicos.  - FOTO: I. V. do M.
Os alumnos do Virxe do Mar trasladáronse onte á praia de Testal para iniciar o estudo cos científicos. - FOTO: I. V. do M.

RUBÉN G. BRIONES NOIA  | 28.03.2017 
A- A+

O proxecto Climántica pon en marcha unha investigación científico-escolar de alumnos colaboradores de grupos de investigación científica cos campus de excelencia internacional de Galicia, no marco da Alianza estratéxica para a innovación educativa EduCO2cen-Erasmus+, aprobada e financiada pola Unión Europea neste curso, que vai a coordinar o IES Virxe do Mar de Noia.
Esta experiencia piloto científico-escolar tivo lugar onte na praia de Testal, dirixida pola catedrática de Zooloxía da Universidade de Vigo, e coa colaboración da confraría de pescadores. Segundo explican os organizadores, con esta iniciativa preténdese iniciar unha serie periódica de datos significativos anuais sobre o recrutamento de berberechos en Testal, formando parte dunha metodoloxía de investigación fundamental para facer o seguimento de posibles incidencias futuras do cambio climático sobre este recrutamento.
Climántica da así un paso máis na súa liña metodolóxica consistente en que os escolares podan contribuír a xerar series datos científicos que permitan facer un seguimento dos efectos do cambio climático e demais factores que inciden no cambio global no océano, unha das liñas de traballo da candidatura seleccionada pola Unión Europea.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt