El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Feijóo anuncia o impulso da variante de Carballo e a ampliación do polígono

Adicarán 12 millóns para a primeira fase da circunvalación da capital de Bergantiños

Asistentes ao encontro de onte en Carballo - FOTO: PP
Asistentes ao encontro de onte en Carballo - FOTO: PP

M. LAVANDEIRA   | 19.10.2019 
A- A+

Carballo. O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participou onte nun encontro con empresarios e comerciantes en Carballo, no que confirmou que a Xunta xa está en disposición de empezar a construír a variante de Carballo, "previo proxecto construtivo, porque era un compromiso do PP con este Concello". Sinalou que, nunha primeira fase investiranse 12 millóns de euros.

Asemade, confirmou que no orzamento da Xunta de Galicia para 2020 incluirase unha partida de 100.000 euros para iniciar os proxectos de ampliación do polígono de Bértoa.

Feijóo estivo acompañado pola candidata ao Congreso dos Deputados, Marta González, polo candidato ao Senado, Miguel Lorenzo, e polo presidente provincial do partido, Diego Calvo.

Despois o presidente trasladouse a Arteixo para participar nun mitin. Alí Feijóo puxo a estabilidade de Galicia como garantía duns orzamentos que apoian ás familias e aseguran crecemento e emprego.

Fixo fincapé en que as contas da Xunta para o ano 2020 rexistran o maior investimento social da historia e afondan na baixada de impostos.