El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Fervenza de Escuadro celebra a romaría o día 22

Membros de Son da Fervenza co alcalde na presentación do certame - FOTO: C.S.
Membros de Son da Fervenza co alcalde na presentación do certame - FOTO: C.S.

ARCA   | 11.07.2018 
A- A+

O domingo 22 volta unha nova edición da Romaría da Fervenza, na parroquia de Escuadro, en Silleda. A cita, que celebra o seu oitavo aniversario, contará dende o mediodía coas actuacións de sete grupos de música tradicional. Ademais do grupo anfitrión, O Son da Fervenza, participarán os Gaiteiros da Pereiriña, de Ansemil-Martixe; as pandereteiras Ponte da Prata, de Botos, Lalín; Pau de Buxo, de Saidres; as pandereteiras da Escola Tradicional de Barbude; Lume na Lareira, de A Estrada, e Voces da Terra, de Vila de Cruces. O xantar será servido polo Mesón A Roda, de Rodeiro, a base de empandada, churrasco de tenreira, porco ou mixto, patacas fritas, ensalada, pan, postre, café con gotas e licores. O prezo é de 16 euros para adultos e 8 para nenos.