El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A festa do Día do Neno de Frades acolleu 700 persoas

A festa da escuma puxo o brocha xornada  - FOTO: C.F.
A festa da escuma puxo o brocha xornada - FOTO: C.F.

J.R.   | 11.07.2018 
A- A+

Nunca o festa do Día do Neno de Frades recibira a tanta xente. Dende o Concello indicaron que máis de 700 persoas, entre veciños de Frades e moita xente chegada da contorna, ateigaron a piscina municipal de Papucín. A calor fixo que os inchables acuáticos e a nova piscina infantil se convertisen nas estrelas da xornada. Tamén estivo moi demandado o tren turístico, que non deixou de dar voltas polo municipio cargado de xente. Pola tarde, os asistentes viron o espectáculo musical Brinca Vai 2.0 do músico Paco Nogueiras. Ao rematar a actuación, todos repuxeron forzas cunha merenda cortesía da iniciativa da Xunta de Galicia Ponlle as pilas ao teu bocata. A xornada pechouse preto das oito da tarde coa tradicional e agardada festa da escuma.