Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Final do debate con maioría de equipos de Área e fallo de premios literarios amesáns

Concorren grupos de Ames (2), A Barcala e Dodro contra dous daprovincia pontevedresa

    Ames. Cen mozos de toda Galicia danse cita hoxe no Pazo da Cultura de Pontevedra para participar na final do Club de Debate 2019 cunha elevada presencia de equipos de Área (dos seis conxuntos, dous son de Ames, un de Negreira, outro de Dodro e dous de Pontevedra e Redondela). Do mesmo xeito, dende a capital da Maía facían público onte o nome das obras premiadas, tanto na décima edición do Certame Artístico-Literario Intercentros (que recibiu 76 obras) como do décimo sexto Certame Literario Concello de Ames (outras 176).

    Comezando polos galardóns do intercentros, recaeron en Yeili del Carmen Bautis, sendo o segundo dividido ex aequo entre Arancha Rodiles e Comba Vila e, por outra banda, Noa Mesías. O terceiro foi para Mateo Ónega e Marcos Rodríguez. Na segunda categoría gañou Noa de Blas, seguida, ex aequo, de Nicolás Suárez e Saxa de Santiago con Xoán Riva. O terceiro foi entregado a Candela Vázquez. E no que atinxe ao literario, quedaron na primeira posición das distintas categorías José Miguel Vargas, Alicia López, Xián Naia, Adriana Oroza, Mariña Maceiras e María Cristina Rey.


    ÚLTIMA SESIÓN. De volta á última proba dos debates que organizan os servizos de normalización lingüística, empezará a partir das 09.30 horas coa entrega das acreditacións, e agardan rematar preto das 18.00 horas. Intervirán seis equipos procedentes dos IES Luís Seoane de Pontevedra, IES Mendiño de Redondela, CPI Eusebio Lorenzo Baleirón de Dodro, IES de Ames, IES do Milladoiro e do IES Magariños de Negreira. O certamen xirará sobre o aserto falamos na lingua que escollemos, e cada conxunto participará en dúas sesións: unha para defender argumentos a favor e noutra os argumentos en contra da afirmación.

    10 may 2019 / 21:16
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito