El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

O FIOT traerá a Carballo 41 espectáculos de compañías chegadas de 3 continentes

Haberá doce estreas galegas e tres absolutas // Lolita Flores protagonizará 'Fedra' // O festival quere atraer aos xóvenes

Un momento do acto de presentación, onte en Carballo, do Festival Internacional Outono de Teatro - FOTO: FIOT
Un momento do acto de presentación, onte en Carballo, do Festival Internacional Outono de Teatro - FOTO: FIOT

JOSÉ M. RAMOS. CARBALLO   | 14.09.2018 
A- A+

A Asociación Cultural Telón e Aparte e o Concello de Carballo presentaron onte o programa oficial e a imaxe do XXVII Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que se desenvolverá do 28 de setembro ao 31 de outubro.

A capital de Bergantiños será escenario de 41 espectáculos, dos que 12 son estreas en Galicia e 3 absolutas. Estarán protagonizados por compañías teatrais de Galicia, Castela e León, Cataluña, Madrid, País Vasco e tamén de Arxentina, Guinea Ecuatorial e Suíza.

O festival xirará entorno a tres eixos: a igualdade, o ocio e a incorporación dos xóvenes ao mundo do teatro. Os organizadores queren atraer aos xóvenes que naceron co cambio de século e que están a acadar a maioría de idade. Para iso programaron espectáculos sobre a mocidade actual, os chamados "millennials" ou "xeneración Z".

A programación de sala comezará o 7 de outubro coa representación de Future Lovers, do grupo madrileño La Tristura. O día 11 voltará a Carballo Ron Lalá para presentar Crimen y telón, e La Joven Compañía representará Playoff.

O día 13 de ocubro chegará Fedra, unha obra de Pentación Espectáculos, que ten no seu papel protagonista a Lolita Flores. Entre as ofertas galegas compre subliñar a presenza do director Tito Asorey, que poñerá en escea a obra Somos criminais, interpretada por Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán. Toda a programación pódese consultar en www.fiot.gal.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt