El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Frades solicítalle á Consellería de MedioRural o arranxo das pistas e un tractor

José González, á esquerda, con Roberto Rey - FOTO: ECG
José González, á esquerda, con Roberto Rey - FOTO: ECG

A.PRADA   | 25.04.2019 
A- A+

O alcalde de Frades, Roberto Rey, mantivo onte unha reunión de traballo co conselleiro do Medio Rural, José González, na que avanzaron en temas relacionados co sector lácteo, agrícola e forestal do municipio. Así, o rexedor trasladoulle ao responsable de Medio Rural a relación de pistas de acceso a explotacións agrogandeiras e forestais no municipio para as que solicita unhas actuacións de mellora. "Son varios tramos de pista que non van dar a núcleos poboacionais e que se atopan moi deterioradas pola correntía das augas", explicou Rey Martínez. Indicoulle ademais ao conselleiro que Frades é un "municipio pequeno pero que ten toda a súa superficie concentrada, polo que ten que manter unha rede de camiños de titularidade municipal de máis de seiscentos quilómetros de l­onxitude". Un traballo para o que tamén lle propuxo a posibilidade de adquirir un novo tractor que acometa labores de roza. "Levamos catro anos facéndolles esta petición e lembrámoslla para que nos teñan en conta", indicou o alcalde. E é que, segundo dixo, só contan con dous na vila, e un deles ten xa 20 anos.