El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Galeatro estrea o domingo o espectáculo infantil 'Carabela'

M. R. L.   | 15.01.2020 
A- A+

CARBALLO A compañía carballesa Galeatro estreará o domingo Carabela, un espectáculo infantil co que pretende sensibilizar á poboación, sobre todo á máis cativa, sobre o grave problema ambiental que supón o uso masivo de plástico. O guión é obra de Paula Carballeira e a cita é ás 18.00 horas no auditorio do Pazo da Cultura.