El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Grandes atascos para visitar o mirador do monte da Muralla en Lousame

C.E.   | 24.02.2020 
A- A+

NOIA O pasado mércores día 19 o conselleiro de Medio Rural, José González, inaugurou en Lousame un dos mellores miradores de todo o noroeste da península. Está ublicado no monte da Muralla, a 600 metros de altitude, e dende el poden divisarse todas as Rías Baixas. Durante a fin de semana, en parte animados polo bo tempo, foron moitos os curiosos que se achegaron ata el. De feito formáronse grandes atascos e podía divisisarse unha enorme ringleira de coches que se amoreaban nas proximidades. O mirador está formado por unha pasarela de madeira que remata nunha zona máis ancha de forma redondeada, o que dá a sensación de estar "voando" a quen o visita. Ata agora a zona era visitada sobre todo por sendeiristas ou ciclistas, pero con este novo recurso ábrese a un turismo máis especializado. Si a meteoroloxía é boa, como foi o caso desta fin de semana, poden percibirse dende el as illas Cíes, as Ons e tamén Cortegada. A ría de Vigo pode intuirse ao lonxe, e máis cerca tamén a de Pontevedra e a de Arousa coas súas bateas e coa súa Illa de Arousa conectada co continente por unha ponte.