El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Impulso á dinamización da lectura e ao uso do galego en 43 concellos

Bergantiños, Costa da Morte, Barbanza, Noia e Santiago reciben 95.000 euros de Política Lingüística // Para familiarizar cos libros aos rapaces destinan outros 47.000 € a actividades como obradoiros, narración, teatro ou danza

A Xunta puxo en marcha a campaña Ler conta moito para animar aos máis cativos. - FOTO: X.G.
A Xunta puxo en marcha a campaña Ler conta moito para animar aos máis cativos. - FOTO: X.G.

SOL ELVIRA  | 20.07.2019 
A- A+

A Consellería de Cultura e Turismo acaba de facer pública a resolución das axudas para a promoción do uso do galego e impulsar a dinamización á lectura. Un total de 43 concellos das comarcas de Bergantiños, Costa da Morte, Barbanza, Noia e Santiago, benefícianse destes apoios. En concreto recibirán algo máis de 95.000 euros para accións de difusión da lingua, e outros 47.000 para achegar os libros aos rapaces, con actividades como obradoiros, narración oral, teatro ou danza, entre outras.

En canto as destinadas o uso do galego, a Xunta concedeu a trece concellos da comarca de Santiago e a Mancomunidade de Ordes estas axudas que buscan contribuir a financiar os diferentes programas e campañas de promoción da língua. En concreto, benefíciase o agrupamento da Baña e Negreira, para o mantemento dun servizo lingüístico, que recibe 6.554 euros; Rois e Dodro, pola misma modalidade, contarán con 4.557 €; Ames recibirá 7.421 €; Arzúa 4.747; Boqueixón, 5.009; Melide 3.525; Padrón, para desenvolvemento de dinamización, 1.967; Santa Comba tendrá 4.453 € para o seu servizo de normalización; Teo con 5.017; Vedra, 1.410; O Pino 371 € e a Mancomunidade de Ordes recibe un total de 6.514.

Estes mismos concellos compostelanos, aos que hai que engadir Tordoia, Touro, Ordes, Oroso, e Brión, tamén saen beneficiados dos apoios a dinamización da lectura, e reciben para obradoiros e distintas actividades nas súas bibliotecas, un total de 19.500 euros.

Pola súa banda, nas comarcas de Barbanza e Noia, obtendrán axudas para a promoción do galego: Carnota e Mazaricos, un total de 3.903 euros; A Pobra do Caramiñal, 3.723 €; Boiro, 4.230 €; Muros, 3.721 €; Outes, con 4.168 €; Rianxo, 3.550 e Ribeira que recibirá 5.789 euros. En canto ao apoio á lectura os beneficiados son estes concellos e a maiores Porto do Son, aos que se achegarán 11.289 euros para diferentes acciones.

Finalmente, en Costa da Morte teñen apoio ao uso da lingua: Carballo, que recibe 3.319 euros; Dumbría, 3.859; Malpica de Bergantiños, con 2.547 € e Muxía que se leva 1.852. Estes mismos municipios xunto con Cee, Corcubión, Coristanco, A Laracha, Laxe, Vimianzo, Cabana de Bergantiños e Zas, tamén percibirán máis de 16.400 euros para destinalos ás bibliotecas e ás accións de impulso á lectura.

O PROTAGONISTA

Ovidio Rodeiro

Delegado territorial da Xunta"contribúen ó crecemento persoal"

O delegado territorial da Xunta de Galicia na provincia da Coruña, Ovidio Rodeiro, foi o encargado de dar a coñecer a resolución das axudas convocadas ao abeiro da orde do 15 de marzo de 2019, dirixidas a financiar as accións que as entidades locais e os organismos supramunicipais destinan a dinamizar tanto a lectura como a protenciar o uso do galego. O representante do Goberno galego indicou que este tipo de apoios "contribúen ao crecemento, enriquecemento e aproveitamento persoal" dos máis cativos e da mocidade. Tamén lembrou que este tipo de iniciativas non só van dirixidas aos mozos, senón tamén á poboación adulta. Finalmente insistiu en que estes programas de promoción do uso da lingua e de dinamización da cultura están entre os prioritarios da Consellería de Cultura e Turismo, que seguirá a abrir novas convocatorias de axudas.