El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Os investimentos en Padrón medranen 451.000 euros con respecto a 2017

Entre as actuacións previstas figuran a mellora dos camiños e da sinalización

A. P.   | 11.08.2018 
A- A+

O goberno local de Padrón vén de aprobar na sesión plenaria de onte o orzamento para o exercicio de 2018, que ascende a 6,99 millóns de euros e que medra en 451.000 euros respecto ao orzamento de 2017. Para os edís do goberno trátase dunha proxección económica "expansiva e inversora", xa que "grazas á boa xestión económica realizada nos últimos anos, ráchase co ciclo de contención de gasto e amortización da débeda", indicaron.

Destacan tamén que, despois de moito tempo, a débeda municipal coas entidades financeiras queda "completamente cancelada, a cero", ademais do feito de que a xestión realizada permitiu que a liquidación do exercicio de 2017 deixara un remanente de tesoureiría de 437.000 euros.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt