El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Iolanda Mato cede o seu cargo de concelleira ao seguinte da lista

M. GIL  | 18.09.2015 
A- A+

Lousame. A primeira concelleira do Partido da Terra de Lousame, Iolanda Mato, cederá o cargo ao seguinte integrante da lista no pleno ordinario de hoxe, tras cumprir a quenda de catro meses que establecía o programa político da súa candidatura. O próximo edil e portavoz do grupo municipal será Joám Evans Pim, que asumirá o escano durante o mesmo número de meses, segundo informa esta formación política a través dunha nota.

Desde Terra de Lousame destacan que a súa foi a única concelleira que renunciou a cobrar as indemnizacións por asistencias e o subsidio municipal por grupo político, "conceitos nos que se levan gastado máis de 10.000 euros no que vai de ano a pesar da débeda que mantén o municipio".

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt