José Dafonte Varela: Unha das miñas metas é o centro de día para obter benestar social
rexedor destaca a boa xestión que están a facer nuns resultados económicos bos e sen débedas nin recortes // As prioridades á hora de actuar céntranse nos desempregados, nos maiores e no sector gandeiro
José Dafonte disfruta da maioría absoluta cun goberno popular nun Concello caracterizado polo sector gandeiro e a poboación maiormente envellecida.
Despois deste ano e medio de lexislatura, como valoraría o seu novo mandato?
Valoraría o meu mandato dunha forma moi positiva, pois a pesar da crise que estamos atravesando, o Concello de Trazo mellorou en moitos aspectos, conseguindo importantes melloras e loitando para que esta crise nos afecte o mínimo posible.
Nunha época de crise que afecta a todas as economías, tivéchedes que aplicar recortes?
O Concello de Trazo atópase económicamente ben, pois non temos débedas nestes momentos e é indicativo da boa xestión que estamos a facer. Non foi necesario aplicar recortes municipais, aínda que non ser beneficiarios de moitas axudas doutras administracións provocou que non invertísemos tanto. Aínda así, fumos capaces de seguir prestando servizos como o punto de atención á infancia, a asistencia xurídica gratuíta e non renunciamos as obras de primeira necesidade.
Entrevista completa en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt