El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Lalín pide á RAG que adique o Día das Letras ao dramaturgo Varela Buxán

O Concello reitera a súa proposta, que dí que é compartida por outros municipios

Busto de Varela Buxán.  - FOTO: G.
Busto de Varela Buxán. - FOTO: G.

ARCA  | 07.12.2016 
A- A+

Lalín. O Concello de Lalín reiteraralle á Real Academia Galega (RAG) a proposta para que estude a posibilidade de adicarlle o Día das Letras Galegas ao dramaturgo Manuel Daniel Varela Buxán. Según fontes municipais, esta reivindicación, compartida por outros municipios e entidades, reactivouse a pasada fin de semana durante a homenaxe que se lle adicou ao escritor na parroquia de Cercio, coincidindo co seu trixésimo cabodano.
A petición para que Varela Buxán teña un Día das Letras Galegas xa foi expresada en diferentes ocasións durante os últimos anos, sen que ata o de agora obtivese resposta positiva por parte da RAG, a institución científica encargada de decidir a personalidade literaria á que cada ano se lle adica o día 17 de maio. O goberno de Lalín considera que Manuel Daniel Varela Buxán atesoura méritos máis que suficientes para que a súa figura sexa merecente deste recoñecemento “pola ilustración, defensa e promoción do idioma galego que fixo coa súa obra”.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt