El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Lalín sortea dous lotes de libros na biblioteca

ARCA   | 03.12.2019 
A- A+

A biblioteca municipal de Lalín sorteará durante este mes dous lotes de libros: un de adulto e outro de infantil-xuvenil. Así o anunciou onte a concelleira de Cultura, Begoña Blanco, que explicou que desde hoxe todos aqueles usuarios da instalación que leven tres libros en préstamo poderán gañar un lote de libros, xa que terán a oportunidade de firmar un número nun cuadrante.

Tamén indicou que, se dito número coincide coas dúas últimas cifras do sorteo de Reis, "serán os afortunados". Por outra parte, a concelleira informou que a biblioteca permanecerá aberta o 7 de decembro, no horario habitual de calquera sábado, isto é, de 10.00 a 14.00, xa que pecha unicamente os días festivos.

Por outra banda, no marco da programación cultural de decembro, hoxe ó mediodía, no Salón Teatro de Lalín, terá lugar a representación de A Corva, á que está previsto que asistan un total de 284 nenos e nenas de preescolar.