El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

A Laracha acolle o espectáculo de Os Bolechas e o pase do filme 'Sicixia'

J. M. R.   | 07.12.2018 
A- A+

BERGANTIÑOS A casa da cultura da Laracha acolle hoxe, a partir das 18.00 horas, o espectáculo participativo Terrícolas igualiños igualiñas de Os Bolechas, que xira arredor dos valores que promove a Constitución Española. Despois, ás 21.00 horas, proxectarase a longametraxe Sicixia de Ignacio Vilar. A entrada é libre e gratuíta.