El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Licitada a rede de saneamento da rúa dos Bolos

S. S.   | 15.02.2020 
A- A+

RIBEIRA Doce empresas optan a construír unha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos e na vía transversal, na parroquia ribeirense de Aguiño. O importe da actuación é de 45.789 euros. Conduciranse as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se instalarán dúas bombas mergulladas fixas de caudal unitario de 3,50 m3 por hora.