Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Luz verde en Bertamiráns á licenza de ocupación

    AMES A xunta de goberno de Ames vén de aprobar a concesión a unha empresa promotora dunha licenza de primeira ocupación para oito vivendas dun edificio de 15 domicilios, planta soto para garaxes e rochos e baixo comercial construído no número 16 da avenida da Peregrina, en Bertamiráns. Por outra banda, concedeuse esta licenza tamén para dez residencias unifamiliares, situadas na parcela AR-4 do sector de solo urbanizable S-03 Alto do Vento II, situadas no lugar de Ventosa, pertencente a parroquia de Covas. O alcalde do municipio, José Miñones, afirmou que "se están a regularizar varios expedientes que permiten que o noso concello sega a medrar dando cobertura ás necesidades de vivendas que vemos que se están demandando".

    23 nov 2019 / 21:56
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito