El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Melide disfruta da exposición de 110 postais históricas do Camiño Francés

M.B.   | 17.02.2020 
A- A+

A exposición Camiño ComPostal, organizada pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (Apecsa), inaugurouse na Casa do Concello de Melide. Despois de comezar o seu percorrido no Cebreiro no mes de outubro, estará instalada na vila melidense ata o día 22. A mostra reúne 110 postais históricas e percorrerá ata a próxima primavera unha ducia de localizacións ao longo do Camiño Francés co apoio da Xunta a través do programa O teu Xacobeo. Camiño ComPostal ofrece unha visión diferente e nova sobre a gran ruta europea, vista cos ollos daqueles que imprimían e enviaban, hai un século e dende calquera punto de Europa, unha humilde carta ou cartón postal aos seu familiares e amigos. A postal foi un medio de comunicación persoal e comercial relevante, comparable a importancia que teñen na actualidade as redes sociais. A xposición coincide co 150 aniversario do envío da primeira tarxeta deste tipo. A mostra Camiño ComPostal estará presente ata o próximo mes de marzo nos doce concellos galegos polos que pasa o Camiño Francés.