El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Melide repartirá mañá 6.200 euros para mercar nos comercios da zona

Celébrase na casa da cultura a gala do sorteo de Nadal, que presentará Manquiña

Un momento do sorteo de Nadal do ano pasado - FOTO: C.M.
Un momento do sorteo de Nadal do ano pasado - FOTO: C.M.

A.P.   | 11.01.2019 
A- A+

Melide. Esta tarde, ás 20.30 horas, a casa da cultura de Melide acollerá o sorteo da vixésima edición da campaña Este Nadal toca en Melide. Trátase dunha gala que repartirá 6.200 euros para mercar no comercio local e que estará presentada polo actor e guionista Manuel Manquiña, que ademais actuará co seu grupo, Los Fabulosos Weekend.

Repartiranse un total de 6.200 euros en premios distribuídos nun de 2.000 euros, dous de 1.000, catro de 500 e un adicional de 200 euros entre os asistentes á gala que teñan rifas por mercar no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto Asetem. Os premios serán vales de compra para invertir de novo no comercio local. Os afortunados terán ata o vindeiro 31 de xaneiro ás 13.00 horas para recoller o premio nas oficinas de Asetem.

Cada establecemento repartiu rifas dende o pasado 1 de decembro, que se entregaron aos clientes por cada compra que fixeron. Este ano distribuíronse un total de 70.000 rifas.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...