El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Área de Compostela  |   RSS - Área de Compostela RSS

Mellora das estradas autonómicas ao seu paso por Muros, Carnota e Outes

Inclúe a rehabilitación da capa de rodadura así como a reposición da sinalización

Croquis da Xunta coas estradas a mellorar - FOTO: ECG
Croquis da Xunta coas estradas a mellorar - FOTO: ECG

E. P.   | 22.05.2019 
A- A+

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publicou onte na Plataforma de Contratos de Galicia a licitación de actuacións de mellora do firme en catro estradas autonómicas da provincia da Coruña, por un investimento dun millón de euros.

Esta intervención ten por obxecto a mellora das condicións de circulación nas estradas de titularidade autonómica AC-400, AC-432, AC-440 e AC-441, ao seu paso polos concellos de Outes, Muros, Carnota, Mazaricos, Zas, Vimianzo, Dumbría e A Baña.

Estes traballos permitirán a rehabilitación do firme naqueles treitos que presenten carencias co obxectivo de prolongar a vida útil do pavimento. Tamén prevén a limpeza e reperfilado de noiros e a drenaxe nos tramos que o precisen.

Ademais, contémplanse actuacións no balizamento e na sinalización das vías, que inclúen a reposición tanto horizontal como vertical.

As empresas interesadas na execución deste contrato poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 17 de xuño. Con estas obras a Xunta quere incrementar a seguridade e proporcionar aos usuarios uns viarios máis cómodos.